Dúas novas familias do Barbanza en risco de perder a súa vivenda

    RIBEIRA> A plataforma Stop Desafiuzamentos do Barbanza está a realizar xestións para evitar o desafiuzamento dunha familia de Ribeira. Unha nova familia ribeirense está a piques de ser desaloxada da súa vivenda habitual sobre a que pesa unha execución hipotecaria. Trátase dunha muller separada que vive co seu fillo de dez anos. A nai non percibe ningún tipo de ingreso e atópase en trámite da solicitude da Risga. Ademais de negociar coa entidade financeira para evitar este desafiuzamento, a plataforma está a traballar en colaboración co Valedor do Pobo, o concello de Boiro e a Xunta, a través do programa ‘Reconduce’ para evitar o inminente desafiuzamento dunha familia boirense, previsto para o seis de maio.