O pequeno comercio de doce concellos contará cun apoio común

    oficinacomerciolocal.jpgBOIRO> O pequeno comercio contará cunha ferramenta moi útil para a súa dinamización canalizando proxectos que o fagan máis competitivo.

    {flowplayer}barbanza/oficinacomerciolocal.flv{/flowplayer}

    Trátase da oficina de apoio ó comercio local, enmarcada no Plan Director de Comercio da Deputación paras as comarcas do Barbanza, Sar e Muros-Noia.

    A oficina situarase nun local cedido polo concello de Boiro na planta baixa da casa consistorial. Precisamente, a casa do concello foi o lugar elixido para a presentación oficial do novo órgano á que asistiron numerosos representantes do sector.

    Colaboración coa hostalería

    O seu obxectivo principal será a potenciación do pequeno comercio, unha vez detectadas as debilidades a corrixir e as fortalezas a explotar. Precisamente, entre elas está a necesidade de relación entre distintos sectores.

    O Plan Director de Comercio da Deputación vai máis alá. Ademais da posta en marcha da oficina contempla outras moitas liñas de actuación como a modernización dos mercados locais, a mellora da formación e xestión do comercio e a súa dinamización a través de novas feiras e campañas.

    En total son doce os concellos acollidos a este plan, nas comarcas do Barbanza, Sar e Muros-Noia.

    Redacción Barbanza