BOIRO> Os orzamentos do concello de Boiro, para este ano, foron aprobados por unanimidade a pesar da ausencia da oposición. Hoxe o BNG realizou unha rolda de prensa para mostrar as súas alegacións. De falta de xestión e inutilidade, calificaron os nacionalistas o actual goberno do concello de Boiro, ademais de considerar unha burla os orzamentos deste ano. Segundo apuntou o voceiro, Xosé Deira, os ingresos do concello aumentaron en 470.000 euros respecto ó ano pasado, unha cantidade que corresponde a impostos directos dos cidadáns. Desde o BNG tamén critican que o actual goberno non defenda os intereses dos boirenses ante a Xunta máis o Goberno Central, ambos con débedas no municipio. O Estado, pola súa parte, ten comprometidos en Boiro 500.000 euros para arranxar o Pazo de Goiáns, que continúan á espera. Deira, ex alcalde da localidade, calificou de irrisoria a inversión da Xunta no municipio.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








