O deficiente servizo de recollida provoca a proliferación de lixo na Curota

    lixocurota_100_020507.jpgPOBRA > A Comunidade de Montes de Santa Cruz denuncia as deficiencias no servizo de recollida do lixo na Curota que está a provocar graves problemas.

    O concello instalou unha serie de bidóns para o depósito dos residuos pero estes non se vacían de xeito continuado, propiciando a acumulación de lixo. A situación agrávase aínda máis en datas sinaladas, como a romaría da Santa de Moldes que se celebrará o segundo domingo de maio.

    Esta situación non é nova senón que se vén repetindo dende hai anos. Tras denunciala reiteradamente, a Comunidade de Montes de Santa Cruz de Lesón decidiu proceder á retirada definitiva dos depósitos de lixo dado que o concello non pode garantir o seu correcto mantemento.

    lixocurota_200_020507.jpgSegundo denuncia o  presidente da Comunidade de Montes, Carlos Sieira, a recollida só se leva a cabo durante os meses de verán e o resto do ano faise moi puntualmente. A situación agravouse nos últimos anos, nos que os visitantes e campistas suben á Curota durante todo o ano, especialmente en datas sinaladas como a celebración do curro ou a romería de Moldes, nas que o monte queda nun estado deplorable.

    Ante a inminente retirada dos depósitos de lixo, Carlos Sieira apela á colaboración veciñal para mante-lo monte limpo. Mentres tanto, a comunidade de montes seguirá a buscar solucións que permitan compaxinar os usos do monte coa súa conservación media ambiental.

    A alternativa máis viable, segundo o seu presidente, sería a creación dun punto limpo soterrado, nunha zona con escaso impacto ambiental e paisaxístico. Alí os visitantes poderían verte-los seus residuos que xa non quedarían expostos ós animais que habitan no monte e tería que realizarse a súa recollida de forma periódica.

    Redacción Barbanza