O Deán reabre a súa tenda escola para promover a inclusión laboral

    POBRA> A Asociación do Pequeno Comercio da Pobra continúa coa súa labor de promoción dos negocios locais ao tempo que se involucra na sociedade, e colabora coa inclusión laboral dos que mais axuda precisan. Coa reapertura agora da Tenda Escola Deán da vila persegue este dobre obxectivo. UNha desas persoas é Ito. El é da Pobra e para él a semana que leva traballando nesta tendaé toda unha oportunidade, tanto profesional como persoal. Co apoio fundamental da Deputación de Coruña, a idea principal da posta en marcha de Tenda Escola é a integración laboral de persoas coma Ito, e sobre todo, dignificar o seu traballo. Un proxecto no que tódolos comerciantes participan de xeito activo. Nesta tenda tan especial é importante vender, pero o máis importante, sen dúbida, son as persoas. Para Ito, e o resto dos nove compañeiros que desde a semana pasada traballan aquí, esta Tenda Deán da Pobra non é só un espazo de aprendizaxe e realización profesional. Dentro duns meses algún sairá de aquí cunha nova vocación e coa seguridade de que eles, coma o resto, tamén poden facer realidade os seus soños.