O pósito noiés sementa millón e medio de unidades de berberecho

    NOIA> O bivalvo sementado na zona da Misela procede da hatcheri do Freixo destinada a abastecer as necesidades das concesións da propia confraría noiesa. Como vén sendo costume nesta época do ano, a confraría de pescadores de Noia, desenvolveu esta mañá unha sementeira de berberecho nun dos seus bancos máis produtivos, o da Misela. En total sementáronse millón e medio de unidades de berberecho. Segundo o patrón maior noiés é necesario acometer este tipo de intervencións de cara a manter a elevada produción de marisco de cara a vindeira campaña extractiva prevista para o outono. Ademais do patrón maior, na sementeira tomaron parte tamén outros membros do cabildo e persoal do pósito, así como tamén os biólogos, tanto do criadeiro do Freixo como da confraría.