Cada vez son máis as familias que optan por pasar fóra a Noitevella

    RIBEIRA> Restaurantes e salas de festas apuran os últimos detalles para acoller a gran festa de Noitevella. Aínda que moitos ofrecen tamén cea, a tendencia nos últimos anos é organizar unicamente baile con cotillón. Sexa cal sexa a opción, o certo é que case todos os locais da comarca colgaron o cartel de completo. A Noitevella é sinónimo de celebración. Fronte a outras datas máis familiares como a Noiteboa, o fin de ano préstase a saír. E isto ben o saben os locais hostaleiros da comarca que organizan festas, bailes e todo tipo de eventos para dar a benvida ó ano novo como se merece. Aínda que moitos restaurantes ofrecen o paquete completo con cea e baile ata o amencer, outros como La Cascada decantáronse por organizar unicamente a festa con cotillón. Hai catro anos que deixaron de servir ceas nesta data pero o cambio de tendencia fai que xa se plantexen retomalas nun futuro. Como novidade este ano a música correrá a cargo dun DJ en lugar dos grupos musicais con que adoitaban contar. Pretenden así chegar a un público máis novo con maior variedade de estilos. Por tan só cincuenta e cinco euros por parella, os asistentes desfrutarán de cotillón, barra libre, animación musical e chocolate con churros. Un prezo do máis asequible para despedir este 2015 por todo o alto.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí