Arousa Norte entregaba onte pola noite en Boiro os seus premios ó deporte

    BOIRO> Os galardóns nesta primeira edición recoñecían entre outras categorías ós mellores deportistas, clubs e adestradores locais. A casa de cultura de Boiro acollía onte pola noite a entrega dos Premios ó deporte Arousa Norte. Nesta primeira edición os galardoados foron María Vilas e Adrián Mosquera, mellores deportistas feminino e masculino. Como mellores Clubs, o Club Deportivo Boiro, o Club de Remo Cabo de Cruz e o Natural Sport. Jealsa Rianxeira como empresa patrocinadora e a Pepe Moure, Ricardo Riveiro, Juan Carlos Brión e Xosé Manuel Novoa, pola súa traxectoria en prol do deporte na comarca. Durante a súa intervención o presidente de Arousa Norte, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, felicitou a tódolos premiados, ó tempo que destacou a aposta que está a realizar a entidade nos últimos anos no fomento das actividades deportivas co obxectivo de actuar como atractivo turístico e atraer a máis visitantes. Aproveitouse tamén o acto para facer entrega dos premios do Circuíto Catro Carreiras e unha meta 2016 que se disputou polos catro concellos da Mancomunidade.