A horta do Salnés está a expectativa dos efectos colaterais do veto ruso

    CAMBADOS> O sector hortícola do Salnés está a expectativa das posibles repercusións indirectas que pode ter o veto do mercado ruso ós productos hortofrutícolas de países europeos. Esta represalia política afectará de cheo a outros productores españois que quedan así sen un importante destino emerxente; co que se verán obrigados a reubicar a súa producción en España, saturando o mercado nacional e provocando a caída dos prezos.

    A horta do Salnés traballa con normalidade aínda que cun ollo posto na evolución dos prezos do mercado. A razón hai que buscala moi lonxe, no veto que Rusia ven de impor como represalia ós productos hortofrutícolas europeos. Ó quedarse sen este importante mercado emerxente, os productores europeos, e sobre todo os españois, deberán buscar outros destinatarios da súa mercancía. O receptor deste excedente será presumiblemente o mercado nacional interno que podería saturarse, e iso derivará a súa vez na caída dos prezos. No Salnés, estes efectos colaterais afectarían ó tomate, pemento e cabaciña principalmente; aínda que hai outros máis específicos como o pemento padrón que non terían porque verse afectados. Ate o de agora a producción deste verán marcha segundo o previsto sen novidades salientables máis que as que derivan das malas condicións climatolóxicas deste verán. Á espera do que poida ocorrer, esta cooperativa hortícola Horsal continua adiante ca súa actividade diaria, como a de hoxe de empaquetado e envío de 4.500 quilos de pemento tipo padrón a Londres.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/pementos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/horta_salnes_embargo_ruso.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí