Juan Vidal ‘O Burro’, en liberdade logo de comparecer nos xulgados de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Juan Manuel Vidal Padín ‘O Burro’, en liberdade logo de comparecer nos xulgados de Vilagarcía. O vilanovés pasou a disposición xudicial esta mañá, pola súa persunta implicación co narcosubmarino ‘Poseidón’. Chegou aos xulgados pouco antes das 12 do mediodía nun vehículo da Garda Civil, esposado e coa cabeza tapada.

O titular do xulgado de Instrucción nº1 da cidade acordou a súa posta en liberdade, coa obriga de comparecer cada quince días. O Burro está sendo investigado por un presunto delito de contrabando. Foi detido o pasado martes logo do rexistro da súa empresa naútica no Sobradelo. Unha detención que tivo lugar no marco dunha operación conxunta da Policía Nacional, a Garda Civil e Vixilancia Aduaneira.

O resto dos detidos neste dispositivo quedaron xa en liberdade logo de prestar declaración en sede policial. A outra persoa que, supostamente, estaría vinculada con esta operación está detida en Fuerteventura.