O proxecto de rexeneración das Xunqueiras sae a exposición pública

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/07/proxectorexeneracionmarismasxunqueiras070514.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/07/proxectorexeneracionmarismasxunqueiras070514.mp4{/flowplayer} POBRA> A actuación, que conta cun investimento que ascenderá a uns tres millóns e medio de euros, podería iniciarse antes de finais deste ano. Dende hai varios anos o executivo pobrense viña perseguindo a rexeneración ambiental deste espazo, dun gran valor ecolóxico e paisaxístico. Unha actuación que será agora unha realidade despois da súa inclusión nos Presupostos Xerais do Estado para este ano, a través dunha partida de carácter xenérico. Segundo confirmou o propio alcalde, o proxecto que será executado en dúas fases, xa está a exposición pública. Os traballos nesta primeira fase ascenderán a uns dous millóns de euros e prevén, ademais da limpeza da zona , a recuperación das canles do río e a execución dun paseo peonill. Segundo informou o propio concello os prazos que manexa o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Demarcación de Costas en Galicia, é de que o proxecto poida iniciarse xa este ano, previsiblemente en decembro.