Concello e Deputación volverán reunirse para solucionar a paralización do auditorio

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/reunion_depo_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/12decembro/02/reunion_depo_vilanova.mp4{/flowplayer}

 

PONTEVEDRA> Despois da tormenta que nos últimos tempos marca a relación entre concello de Vilanova e Deputación de Pontevedra, esta mañá ambas institucións reuníronse para achegar posturas. Foi no marco da comisión de seguimento das obras do auditorio do municipio, cuxa paralización provocou a máxima tensión. Hoxe buscáronse solucións para desbloquear os traballos, aínda que as decisións que marcarán o futuro das obras e os pasos a seguir emprazouse a unha nova reunión, que se celebrará a mediados de mes.

O 8 de decembro é a nova data marcada no calendario de concello de Vilanova e Deputación. Ese día remata o prazo que ten a empresa encargada das obras do auditorio para facer unha serie de manifestacións requiridas polo goberno provincial.

A partires desa data, ambas institucións danse un prazo dunha semana para volver reunir a comisión de seguimento. Tamén é o tempo que agardará o concello de Vilanova para plantexarse novas medidas para conseguir que siga adiante a obra.

O alcalde de Vilanova aproveitou o encontro de hoxe para expresar o seu malestar pola tardanza que, segundo asegurou, houbo na convocatoria da comisión.

López Font, pola súa banda, insistiu en que o encontro convocouse no prazo marcado polo procedemento de contratación da Deputación, e cando o organismo contou con todos os informes precisos. Agora tendeu a man ao concello para buscar solucións.

A pesares de que o deputado asegurou que a intención é desbloquear a situación canto antes, non se falou de prazos para retomar e finalizar as obras do auditorio vilanovés.