A policía nacional detén ó autor de varios roubos con tirón

RIBEIRA> A Policía Nacional detivo en Ribeira a un mozo de trinta anos ó que se lle atribúen varios roubos de bolsos mediante o método do tirón. Segundo se puido saber, o autor dos feitos xa contaba con antecedentes policiais. A detención produciuse onte á noite na Avenida do Malecón e posteriormente o delincuente foi levado por dúas patrullas á comisaría de Santa Uxía. Os roubos con violencia viñan sufrindo un repunte nos últimos días, xerando un clima de preocupación entre os veciños e veciñas da vila. Por tanto, conclúe con éxito esta operación policial que pon fin a alarma da cidadanía.