A flota atuneira aposta polo sostemento do mar

GALICIA> Armadores atuneiros reuníronse en Biscaia para establecer novas medidas cas que reforzar o cumprimento e a auditoría dos mimos.

Tras dous anos de experiencias adquiridas desde a última reunión, os armadores atuneiros da Confederación Española de Pesca xuntáronse para actualizar o texto de boas prácticas para unha pesca responsable. A partir de agora os dispositivos agregadores de peixes que se fabriquen e se planten no mar han de ser obrigatoriamente anti-enmallantes, co obxectivo de non captar fauna asociada. Para levar a cabo o cumprimento deste acordo tan importante, a totalidade dos buques atuneiros deberá levar a bordo observadores científicos antes de que remate o ano. Ademais AZTI Tecnalia, un centro tecnolóxico especializado en investigación mariña, comprometeuse a verificar a aplicación das prácticas. Outra das cambios establecidos polos armadores foi o do reunir o Comité de Seguimento polo menos unha vez por trimestre. O próximo encontro será en setembro deste 2014.