Xosé Lois Piñeiro abandona o BNG

POBRA> Xosé Lois Piñeiro non renuncia á acta de concelleiro e integrarase no grupo dos non adscritos.

Tras 23 anos nas filas dos nacionalistas galegos, unha acta de deputado na Coruña e un posto de responsable do BNG comarcal, Xosé Lois Piñeiro decide poñer punto e final á súa andadura neste partido e unirse a Compromiso por Galicia. Piñeiro asegurou que a decisión non foi nada sinxela pero afronta esta nova etapa con ilusión. Segundo afirmou, o distanciamento cos seus compañeiros de partido e a falta de confianza foron os principais motivos desta marcha. A pesar destes cambios, Piñeiro continuará como concelleiro pero farao no grupo dos non adscritos. Afirmou sentirse con ganas de traballar da man de Compromiso por Galicia para incrementar a súa presenza na comarca do Barbanza. A coordinadora comarcal de Compromiso por Galicia, María Xosé Alfonso, xunto co secretario xeral, Xoán Bascuas arrouparon a Xosé Lois Piñeiro nesta renuncia pública.