O executivo pobrense nega o desleixo no museo Valle-Inclán

POBRA> O alcalde, Xosé Lois Piñeiro, realizou unha visita ó edificio para mostrar o estado no que se atopan as instalacións, que, segundo el, non é tan grave como afirman dende a oposición. O executivo de Nós Pobra denunciou o que o seu xuízo é un ataque claro por parte dos grupos da oposición contra o equipo de goberno. Segundo eles con estas afirmacións falsas están a danar, non só ó executivo senón tamén a imaxe do Concello. Durante unha visita ás instalacións o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, negou que os problemas de filtracións de auga e humidades sexan tan graves como se di. Dende o executivo tamén negaron, tal e como afirmaban diversos grupos municipais, que as instalacións estiveran pechadas por unha longa tempada.