Servizos Sociais da Pobra promove unha charla sobre prevención do suicidio e saúde mental

A POBRA> A concellería de Servizos Sociais da Pobra organiza unha charla sobre saúde mental. Terá lugar o vindeiro martes 24 de outubro, ás sete e media da tarde, no auditorio do museo Valle-Inclán. Será impartida pola integradora social de Andaina Pro Saúde Mental, Tania Lavandeira, e levará por título ‘Falamos? Desmontando mitos sobre a conduta suicida’.

Co obxectivo de sensibilizar a toda a veciñanza sobre un tema que atinxe a toda a sociedade, como é o da saúde mental, a concellería de Servizos Sociais que dirixre Amparo Cerecedo vai a levar a cabo unha charla o vindeiro martes 24 de outubro, ás sete e media da tarde, no auditorio do museo Valle-Inclán.

Será impartida pola integradora social de Andaina Pro Saúde Mental, Tania Lavandeira, e levará por título ‘Falamos? Desmontando mitos sobre a conduta suicida’.

Esta charla súmase tamén a outras accións que está a levar a cabo o departamento de Servizos Sociais, de cara a formación tamén do seu persoal neste eido, e tamén no sanitario e educativo.

Completarase tamén con outra porposta que se desenvolverá a partir da próxima semana, na biblioteca municipal Victoriano García Martí, onde se habilitará un punto de lectura permanente composto por títulos para tódalas idades que abordan a problemática da saúde mental.