Durán esixe dimisións no PSOE de Vilanova polas “denuncias falsas” contra el

    VILANOVA> O alcalde de Vilanova esixe a dimisión do secretario xeral e do voceiro do PSOE da vila. Despois de que a Audiencia Provincial decidira arquivar a denuncia presentada polo grupo contra Gonzalo Durán acusándoo de supostas contratacións irregulares, o primeiro edil vilanovés asegura que intentaron gañar as eleccións con denuncias en falso. Durán tampouco descarta recorrer aos tribunais.

     

    O alcalde de Vilanova rompeu hoxe o seu silencio.

    Hai dous días, coñecíase que a Audiencia Provincial decidía arquivar a denuncia da Fiscalía e do Partido Socialista contra Gonzalo Durán; unha querela na que o acusaban de realizar supostas contratacións irregulares no concello.

    Durán referiuse ao secretario xeral e ao voceiro do Partido Socialista, Jorge María López e José Luis Tourís, como asaltapoderes e pediu que asuman responsabilidades.

    Ademais, o rexedor non descarta recorrer aos tribunais.

    Na súa comparecencia ante a prensa, Durán tamén anunciou que esta tarde mantería unha xuntanza na subdelegación do goberno coa Ministra de Fomento, Ana Pastor.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/duran_medidas_xudiciais.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/duran_medidas_xudiciais.mp4{/flowplayer}