A Xunta recomenda ‘un consumo responsable’ de auga

    consumoauga copia.jpg VILAGARCÍA> Galicia vive a primavera máis cálida dos últimos 50 anos, o que está a reducir o nivel dos encoros. O do Con atópase ó 65%.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_EMBALSES.flv{/flowplayer}

    Galicia está a rexistrar esta primavera unha temperatura media de 14,9 graos, a máis alta dos últimos cincuenta anos. A isto hai que engadir a diminución das precipitacións, unha situación ‘anómala’, din desde a Xunta, que está deixando os embalses de abastecemento de auga ó 91 por cento da súa capacidade, cando o ano pasado a estas alturas estaban ó 99. Entre os encoros que pasan por unha situación máis delicada está o do Con, en Vilagarcía, na actualidade ó 65 por cento da capacidade que tiña a primavera pasada. Aínda así, insisten desde Medio Ambiente, o consumo está garantido, posto que a capital arousá conta cun subministro alternativo que bebe do Umia.

    No caso de que a situación de seca se alongue, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, apuntou que Galicia dispón dun plan específico para garantir o subministro de auga á poboación, pero polo de agora non será preciso aplicalo xa que non existe ningún territorio no que se prevea un problema de abastecemento para os vindeiros vinte días.

    Redacción Salnés