BOIRO> Farase ademais unha recollida de alimentos para Cáritas Parroquial.
As portas do complexo boirense abriranse durante cinco días de balde, co obxectivo de dar a coñecer as instalacións e as actividades que alí se desenvolven. Ademais, de mércores a venres haberá masterclases dirixidas por monitores especializados en diversas actividades, como a xa popular zumba ata outras mais descoñecidas como o crossfit e o trx.Esta iniciativa, que xurde de Soom Management (a empresa que xestiona a instalación), terá unha vertente solidaria, xa que organizará unha recollida de alimentos para Cáritas Parroquial de Boiro. Dende esta entidade e dende o concello piden a aqueles que se vaian achegar ó recinto que poidan colaborar e aportar a súa axuda a aqueles que máis o necesitan nestes intres. Para concluír esta Semana Fantástica no polideportivo boirense, celebrarase unha paellada para os socios na noite do venres no cal se sortearán numerosos premios doados por distintas empresas da localidade: estancias rurais, sesións de spa e ceas entre outros.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/semanafantasticapiscinaboiro0905141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/09/semanafantasticapiscinaboiro090514.mp4{/flowplayer}