O tripartito noiés esíxelle ó voceiro popular Julio Bustelo unha rectificación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/12/concellonoiaalegacionspresupostospp1205141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/12/concellonoiaalegacionspresupostospp120514.mp4{/flowplayer} NOIA> Consideran pouco axeitadas as alegacións presentadas ós orzamentos municipais para este ano 2014. Os tres grupos que conforman o goberno municipal de Noia: PSOE, BNG e NO.I.A. compareceron de xeito conxunto en rolda de prensa de xeito insólito no que levamos de lexislatura para expresar a súa indignación respecto das alegacións ós presupostos presentadas polo grupo municipal do Partido Popular. Dende o goberno tripartito consideran indignante que o voceiro popular Julio Bustelo propoña a supresión de diferentes partidas, entre as que se atopan as destinadas o mantemento da EDAR ou do alumeado público, e se destinen a outras, entre as que figuran o arranxo da estrada que pasa por diante da súa vivenda. Por esta razón dende o equipo de goberno piden unha rectificación.

Comments are closed.