Os veciños de Combarro denuncian o abandono do seu Casco Histórico

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/24/ateneo_corredoira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/24/ateneo_corredoira.mp4{/flowplayer}

     

    POIO> Os veciños de Combarro están indignados polo abandono do seu casco histórico. Esta mañá un grupo de habitantes da zona fixeron fronte común para denunciar o mal estado das rúas e de elementos do patrimonio, como hórreos e cruceiros. Advirten de que a riqueza matrimonial do entorno corre risco de desaparecer, por iso iniciaron unha recollida de sinaturas para presentar no concello.

    Os veciños do casco histórico de Combarro temen polo futuro do seu patrimonio.

    Alertan do importante deterioro que están a padecer as vivendas e outros elementos da zona, como os cruceiros e os hórreos. Tamén os propios empedrados das rúas.

    Preocúpalles especialmente o muro costeiro. Para os veciños, esta é unha das partes máis degradadas, que ofrece unha imaxe que cualificaron como patética por mor da instalación de novos elementos que rompen a harmonía do entorno.

    Neste cambio na fachada marítima de Combarro xogan un papel especial os establecementos hostaleiros e comerciais. Os veciños denuncian que o actual turismo que reciben está a desprazar a vida natural da zona.

    Por todo, reclaman unha maior implicación das administracións para a conservación do casco histórico. Pero esixen que se conte coa opinión veciñal, algo que, aseguran, non se está a facer.

    Os veciños do caso histórico tamén amosaron o seu descontento coa actuación da Policía Local. Denuncian que durante este mes catro habitantes foron multados por acceder cos seus vehículos ata as vivendas para facer pequenas paradas de servizo. Por iso reclaman tarxetas que permitan identificar aos residentes e evitar este tipo de sancións.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí