VILANOVA> Os orzamentos do Estado continúan deixando titulares na bisbarra. Si onte analizabamos as inversións previstas para este ano na contorna, hoxe foron os líderes do PP de Vilanova e de Cambados os que criticaron a escasa presenza de financiamento para os seus concellos.
Gonzalo Durán e Luís Aragunde criticaron os orzamentos do Estado ao non incluír ningunha partida para dous proxectos concretos en cada un dos seus concellos; Vilanova e Cambados. No caso do primeiro trátase dunha pontella de 60 metros no lugar do Rego do Alcalde, en Vilanova de Arousa, e que permitirá enlazar a senda que une a praia das Patiñas, en Vilanova, con Tragove, en Cambados.
Durán lamenta que non se produza esta inversión de 80.000 euros, que fora comprometida pola anterior xefa de Costas do Estado. Pola súa banda, Luís Aragunde, tamén se mostrou decepcionado con que non exista unha partida destina a creación dun novo cuartel da Garda Civil.
Para o popular cambadés, as melloras que necesita o cuartel non pasan por arranxar ventás ou pintar o edificio, polo que os 180.000 que se van a investir de fondos provinciais, son para Aragunde, un “maquillaxe”, co que tapar as carencias da instalación.
Inicio crb