Xan García reelixido coma secretario comarcal da CIG

    BARBANZA> A CIG-Barbanza celebrou esta pasada fin de semana en Ribeira a súa asemblea xeral na que Xan García, actual responsable comarcal, volveu a saír reelixido. A súa candidatura foi a única presentada. Xunto a el integrarán a directiva Teresa Vidal, Ánxela Martínez, Raúl León e Xosé Anxo Santos. Estes dous últimos son ademais dúas persoas novas que acaban de incorporarse á entidade con labores de responsabilidade. Dáse a circunstancia de que este será o último mandato de Xan García á fronte da secretaría comarcal, xa que os Estatutos da Central Intersindical Galega recollen que unha persoa non pode repetir máis de catro.