VILAGARCIA> Os veciños do Castro non están en contra dos pubs da zona pero piden aos propietarios que cumpran as normas. A veciñanza reclama que os locais manteñen as terrazas fora da hora e que algúns poñen música no exterior. Piden ao concello que sexa máis estrito cumprimento das normas.
Os veciños da praza do Castro quixeron contestar aos hostaleiros dos pubs da zona. A veciñanza non está en contra dos locais pero si lles piden que cumpran coa normativa e pechen á súa hora.
A veciñanza reclama que a policía e o concello sexan máis estritos co cumprimento destas normas. Especialmente despois de que leven anos denunciando os incumprimentos.
E advirten aos propietarios dos locais que se queren aumentar os horarios que o soliciten.
Tamén critican que algúns locais poñan música nas rúas.
Fora da praza do Castro, a veciñanza tamén denuncia o uso abusivo da terraza dun local no final da rúa Baldosa.
A veciñanza quixo matizar que exculpan aos locais de todo os danos que acontezan fora do seu horarios, como o acontecido a semana pasada coa apertura dos extintores nun dos garaxes.