Noia acollerá este domingo a II Ruta BTT Ría de Noia

NOIA> A saída da proba, organizada polo Club Ciclista Toxo, terá lugar ás nove e media da mañá dende Labarta. O concello de Noia foi o escenario da presentación da segunda Ruta BTT Ría de Noia. Unha proba organizada polo Club Ciclista Toxo en colaboración co departamento de Deportes noiés. A cita terá lugar este próximo domingo, a partir das nove e media da mañá con saída dende Labarta e regreso ó mesmo punto de partida sobre as dúas, para realizar un xantar de confraternidade entre tódolos participantes. O percorrido sufrirá importantes cambios en relación á edición do ano anterior, cun perfil físico e técnico medio alto. Dende a concellería de Deportes noiesa destacaron a importancia desta proba, na que animan a participar. As inscricións para participar na ruta estarán abertas ata o xoves. A marcha estará dirixida a maiores de 16 anos, cun máximo de 300 inscritos. Dende a organización agradecen ás casas comerciais e ó propio concello noiés a colaboración prestada á hora de organizar esta actividade deportiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí