Mal partido do Thetrend que despídese da Copa Galicia

VILAGARCÍA> O Thetrend Cortegada quedou eliminado da Copa Galicia. Foi onte ante o Carmelitas de Ourense (57-65). As de Pepe Vázquez non fixeron un bo partido e acabaron perdendo por oito puntos de diferencia.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_051011.flv{/flowplayer} 

O Thetrend Cortegada non poderá revalidar o título da Copa Galicia, acadado o ano pasado. As de Pepe Vázquez xogábanse onte en Fontecarmoa o seu pase á final a catro que o venres dará comezo en Ferrol. Alí esperaban Ensino, Celta e Universitario. O cuarto conxunto será o Carmelitas, que con todo merecemento levouse onte o partido.

As ourensáns saíron moito máis concentradas e acertadas en ataque conscientes de que podían dar a sorpresa ante un rival que partía como favorito. As primeiras difirencias non tardaron en chegar e as visitantes fóronse 10-19 arriba ó remate do primeiro cuarto grazas ó acerto no tiro exterior. Foi entón cando o Cortegada reaccionou, xogou os seus mellores minutos e conseguiu reducir a diferencia a catro antes do descanso, 30-34.

Pero a saída de vestiarios viuse a cara mala, a da falta de intensidade defensiva, a da precipitación en ataque e a da desconcentración, que propiciopu que as visitantes acadaron rentas cércanas ós 20 puntos que serían xa definitivas. Os derradeiros minutos tan só serviron para que o Cortegada maquillase o marcador e puxese o 57-65 final no electrónico.

Zuleira Aties erexíuse como a gran protagonista do encontro con 27 puntos e catro triples. Nas locais, Williams con 18 e Montse Gilabert con 17, foron as máis destacadas.

Esfumado o soño da Copa Galicia e tamén a disputa de dous partidos máis de pretemporada, as de Peper Vázquez centraranse agora en preparar o inicio ligueiro, ante o Aguere tinerfeño o 22 de outubro.

Redacción Salnés