BOIRO> O evento terá lugar este próximo sábado no pavillón municipal da Cachada e nel tomarán parte o Rotogal Boiro, o Intasa San Sadurniño, o Arena Emevé de Lugo e o Voleibol Dumbría.
Os afeccionados ó voleibol terán unha cita esta vindeira fin de semana en Boiro coa disputa da Fase Final da Copa Galicia de Voleibol en categoría masculina. O torneo, presentado esta mañá no Concello, reunirá o sábado no pavillón municipal da Cachada os catro mellores equipos galegos, que se enfrontarán polo titulo: Intasa San Sadurniño, Arena Emevé, Voleibol Dumbría e Rotogal Boiro.
Dende o Concello destacaron a importancia desta cita e o feito de poder acoller un evento do máximo nivel competitivo.