Noia homenaxea a oito deportistas locais coa entrega das laudas

NOIA> O concello de Noia entregou as laudas ó mérito deportivo a oito veciños que destacan en distintas disciplinas. Entre os nomes dos galardoados figuran o do xogador de baloncesto José Ángel Antelo, actual capital do CAM Murcia, ou o Club de Fútbol Noia que acaba de ascender a terceira división. O concello de Noia quixo recoñecer, a través da entrega das laudas ó mérito deportivo, a existosa traxectoria profesional destes oito deportistas nas súas correspondentes disciplinas. Tariku Novares e Teresa Castro en atletismo., Caetano Horta en motociclismo, Martín Iglesias en taekwondo, Nicolán Nieto en bodyboard, Estefanía García en kickboxing e boxeo, José Ángel Antelo en baloncesto e o club de fútbol Noia polo seu recente ascenso a terceira. Un a un foron recollendo este galardón, en forma de lauda gremial, que non pretende máis que recoñecer o seu esforzo co que teñen contribuído a levar o nome de Noia polo mundo adiante. Precisamente, o alcalde quixo agradecer non só o labor dos deportistas galardoados senón tamén dos seus familiares, adestradores e compañeiros. A intención do concello é darlle continuidade a esta iniciativa con futuras edicións nas que seguir recoñecendo os méritos deportivos que tantas alegrías lle están a dar a esta vila.