Taramancos reclama un acceso peonil subterráneo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/13/denunciavecinostaramancos1305141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/13/denunciavecinostaramancos130514.mp4{/flowplayer}

NOIA> As obras da variante separan as casas das leiras e da praia de Testal.

Indignación e desesperanza entre os veciños e veciñas de Taramancos a raíz das obras na variante noiesa. Reclaman un paso peonil subterráneo que permita ós residentes acceder as súas fincas e a zona da praia sen necesidade de dar un importante rodeo, moitas veces con animais ou carros. Xa recolleron firmas, falaron co Concello, enviaron un escrito a Xunta cas demandas oportunas pero a día de hoxe seguen sen resposta. Antes de que comezaran as obras, en Taramancos dispoñían de nove camiños para baixar da aldea ata as súas respectivas leiras. Agora, case incomunicados, teñen que enxeñalas para volver ás súas casas. Din estar cansos desta situación. Nun primeiro momento, os planos da obra apuntaban que si habería un paso subterráneo aínda que agora se omite. Culpan a Xunta de non atender as peticións de aqueles que coñecen as verdadeiras necesidades da zona.