O Establecimientos Otero retoma a senda do triunfo

SALNÉS> Chégannos boas novas dende Cambados onde o Establecimientos Otero superou ó Vincios por 4-2 polo que o equipo sigue na zona alta da xeral. Non correron a mesma sorte en Segunda Nacional o Grupo Barros e o Joyería Enrique, que caeron nos seus respectivos partidos.

Importante victoria do Establecimientos Otero para seguir na zona alta da xeral. Os cambadeses impuxéronse por 4-2 ó Vincios de Gondomar, nun gran partido feito por Kazeen Ahmed e Fernando Padín. O nixeriano impúxose nos seus dous encontros por 3-0 mentres que Padín superou a Samuel Pereiro e Héctor Costas, por 3-1 en ambos casos. Pola contra non tivo o seu mellor día Adrián Vidal que caeu nos seus dous compromisos, ó último xa cando o encontro estaba resolto.

Este triunfo coloca ó Establecimientos Otero terceiro na táboa con catro victorias en seis partidos, xusto por detrtás do Liceo Casino de Vilagarcía, que esta semana pasou máis apuros dos previstos para impoñerse ó Club del Mar Promesas, aínda que ó final venceu por 4-3. O Liceo, suma catro victorias noutros tantos partidos. A semana que ven enfrontarase ó líder Monteporreiro.

En Segunda Nacional as cousas non foron tan ben. O Grupo Barros nada puido facer ante o Helios Bembrive. Os vigueses impuxeron a súa calidade para acabar vencendo por 0-6. Mesma sorte correu o Joyería Enrique que tamén claudicou na casa ante o Galmedia ourense por 1-5. Son penúltimos na xeral, cunha única victoria en cinco partidos mentres que o Grupo Barros mantense cuarto con tres triunfos e dúas derrotas.

Na Segunda nacional femenina debutaba esta semana o Viaxes Otero, e fíxoo cunha contundente victoria ante o Vincios por 5-0, nun gran partido de Paula Padín e Andrea Chaves, que non deron opción ás súas rivais.

Ademais, na Primeira Galega vivíuse un derbi comarcal entre Chinelas e Liceo de Vilagarcía, con victoria final do cadro cambadés por 4-3. Por último, na Segunda Autonómica, o Charol Complentos impúxose por 5-2 ó Cinania de Cangas.

Redacción Salnés