Amplo apoio veciñal á concentración da ANPA do CEIPP de Outes polos recortes

OUTES> Tal e como anunciaran, a comunidade educativa do CEIPP de Outes concentrouse onte pola noite diante do centro educativo.

Gardando as distancias e mantendo as medidas seguridade anticovid, quixeron mostrar así a súa disconformidade coa intención da consellería de Educación de reducir o número de profesores no centro.

A convocatoria da concentración partiu da propia ANPA Río Tines e a ela respondeu de forma maioritaria a veciñanza de Outes.

Ademais de pais, profesores e o propio alumnado do centro, nela tomaron parte tamén representantes dos distintos grupos políticos con representación na corporación municipal, ademais de membros de colectivos veciñais, sociais e culturais do municipio.

Dende a ANPA estase á espera da resposta definitiva que o Xefe Territorial, Indalecio Cabana, lle trasladará nos próximos días, despois de estudar o caso.

Confían en que se dea marcha atrás na decisión de reducir o número de docentes para o curso que vén. De non ser así, xa anuncian que continuarán coas protestas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí