Arousa Norte segue traballando no turismo sensitivo

    BOIRO> A potenciación da oferta turística adaptada foi un dos puntos do pleno celebrado pola Mancomunidade.

    A Mancomunidade de Arousa Norte continúa a súa aposta de favorecer o turismo accesible nos seus concellos. O encontro desta mañá serviu para coñecer máis detalles do importante convenio que se asinará proximamente coa Axencia de Turismo de Galicia, a cal proporcionará soportes accesibles para personas con diversidade funcional sensorial. A raíz desta iniciativa, xurdiu a idea de ofrecer Arousa Norte como un lugar onde estimular cada un dos nosos sentidos. Propóñennos pechar os nosos ollos e coñecer o Barbanza dun xeito distinto.Desde a Mancomunidade invítannos a gozar do ocio e a gastronomía mediante sabores e olores. A xerente incidiu ademais na necesidade de seguir fomentando e expandindo este turismo adaptado.A experiencia piloto da formación comezará este 2014. 30 persoas que se dividirán en tres grupos especializados: ocio, hostalaría e aloxamentos. Tamén está previsto, grazas ó club de prensa Exxporpress, que recoñecidos xornalistas participen nestas actividades para difundir o proxecto.