Sen candidatos a presidir a ABE

    BOIRO> Este mediodía remataba o prazo de presentación de candidaturas ás eleccións á presidencia da Asociación Boirense de Empresarios sen que houbera ningunha presentada. A patronal boirense informou de que en próximas datas volverán a convocarse novamente os comicios coa finalidade de buscar a un candidato para tomar as rendas da entidade, unha vez que o actual presidente, Carlos Rodríguez Muñíz, anunciou a súa intención de non presentarse á reelección. A asamblea de socios prevista para mañá xoves quedou anulada ata a convocatoria dun novo proceso electoral.