PORTODOSON> Un vehículo da Protección Civil de Porto do Son sufriu un aparatoso accidente, na estrada AC-550 fronte á praia da Arnela. Os tres traballadores dirixíanse á procesión do Carme cando perderon o control do vehículo nunha curva, bateron contra un coche que estaba aparcado e posteriormente cun poste do tendido eléctrico. Os ocupantes foron trasladados ó hospital do Barbanza, aínda que non presentan lesións de gravidade como se informou nun primeiro momento. Non obstante, un deles levou un importante golpe na cabeza ó non abrirse o ‘airbag’ tralo impacto. Ata o punto, desprazáronse 3 ambulancias do 061 e a Garda Civil de Tráfico.
Inicio Barbanza - Muros - Noia