O BNG levará ó Parlamento a falla de recursos e servizos no hospital do Barbanza

RIBEIRA> Previamente, a delegación nacionalista mantivo un encontro co comité de empresa do Hospital do Barbanza. Alí recolleu as principais queixas dos traballadores relativas sobre todo á falla de persoal e recursos así como a merma da calidade en varios servizos como o comedor. Refírese a voceira nacionalista ó servizo de endoscopias que non cumpre a normativa sobre o espazo requirido para este tipo de probas. Denuncian dende o BNG que mesmo existe unha advertencia por parte de Inspección de Traballo sen que, ata o momento, a xerencia do hospital teña tomado medidas. Aluden tamén ós problemas xurdidos coa calidade da comida denunciados polos pacientes e familiares dende que se procedeu ó cambio de empresa que presta o servizo. O BNG levará ó Parlamento diversas iniciativas esixindo a correcta dotación de persoal, recursos e servizos que garantan a calidade asistencial no centro hospitalario.