NOIA> Noia acollerá por segundo ano consecutivo a Gran Ruta Celta BTT. A proba, prevista para este sábado, consta dun percorrido de cento oitenta quilómetros. Polo momento, xa hai preto de trescentos inscritos. A Gran Ruta Celta é unha proba única en Galicia. A ultra maratón de cento oitenta quilómetros consta dunha ruta dividida en dous partes; de Noia ó alto das Forcadas e de Noia á Curota. Aqueles ciclistas menos experimentados poderán optar a facer tan só unha das partes, de cen quilómetros ou un circuíto popular de cincuenta Haberá trofeos para os tres primeiros clasifdicados en cada categoría e un recordo conmemorativo para todos os que consigan rematar calquera das dúas modalidades longas. Os interesados en inscribirse poden facelo a través da www.granrutacelta.com ou na web www.emesports.es
Inicio Barbanza - Muros - Noia