Dous novos vehículos para a Policía Local de Ribeira

    RIBEIRA > A Policía Local de Ribeira conta con dous novos vehículos equipados coas tecnoloxías máis modernas do mercado. Trátase dun coche patrulla para o traslado de detidos e unha unidade de atestados que poderá actuar tamén como oficina móbil.

    O parque móbil da Policía Local de Ribeira conta con dúas novas unidades que se veñen a sumar ó equipo do que xa dispoñen, conformado por un todoterreo, un patrulleiro, unha motocicleta todoterreo, dúas motocicletas de estrada e un remolque para motocicletas. Á presentación dos novos vehículos de reforzo acudíu o alcalde ribeirés, Xosé Luis Torres Colomer, quen explicou polo miúdo as súas características.

    Ámbolos dous coches están dotados da más moderna tecnoloxía, especialemnte a patrulla de atestados, que incorpora un etilómetro para realizar controis de alcolemia e unha oficina móbil na que se poderá tramitar con máis comodidade a documentación pertinene en caso de accidentes de tráfico ou calquera outra denuncia dos veciños. Un equipo que será renovado cada catro anos. 

    Con estas dúas adquisicións, a Xefatura da Policía Local de Ribeira asegura que ten cubertas polo de agora tódalas súas necesidades. Tan sóagardan recibir canto antes un novo coche que substitúa ó Citroën ZX que durante a vaga de incendios se deu de baixa ó sufrir un accidente cando traballaba nas tarefas de extinción.

    Redacción Barbanza