Barbantia prepara no pazo de Goiáns a IV Romaría das Letras

BOIRO> A cita será o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, dedicado este ano a homenaxear a figura do autor Xosé María Díaz Castro. Por cuarto ano consecutivo a Asociación Cultural Barbantia e o concello de Boiro, xunto con outras entidades colaboradoras, entre elas a Deputación da Coruña ou a Secretaría Xeral de Normalización Lingüística organizarán o vindeiro 17 de maio a Romaría das Letras, que este ano xirará ó redor do autor, lugués Xosé María Díaz Castro. Segundo o presidente de Barbantia, Xesús Laíño, trátase dun dos eventos de maior relevancia a nivel cultural dos que se celebran na comarca que ano tras ano está a adquiri maior protagonismo. Haberá ó longo de todo o día numerosas actividades: actuacións musicais, exposicións, artesáns, presentacións de libros, xogos..e como vén sendo costume un xantar popular na propia finca do pazo. Ademais este ano a programación para ese día veuse incrementada A maioría dos actos concéntranse no pazo de Goiáns, pero tamén haberá actividades na rúa peonil organizadas polo departamento de Cultura boirense como é o caso dun recital poético a cargo do alumnado dos centros de ensino primario de Boiro, a entrega dos premios do certame de marcapáxinas ou o concerto de Xoán Curiel e Jara Ortiz, entre outras.