María Solinha, a nova filme de Ignacio Vilar que se gravará nas Rías Baixas

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá a nova película do director Ignacio Vilar. “María Solinha” é o nome deste novo filme que se rodará nos vindeiros meses na nosa comarca. O protagonizarán actores tan populares como Santi Prego ou Antón Durán “Morris”. Un proxecto que, sen dúbida, marcará a historia do cine de Galicia.

Así é como quixo resumir esta mañá Ignacio Vilar a súa nova película. “María Solinha” xurde da lenda sobre a que se celebra a Festa da Coca, en Redondela. A historia conta como un dragón que secuestraba mulleres para violalas foi, finalmente, derrotado polos mariñeiros da contorna. A filme, que será gravada nos vindeiros meses é, segundo a presidenta da Deputación de Pontevedra, un investimento e unha inmersión na cultura da nosa provincia.

O director, Ignacio Vilar, quixo apostar neste novo traballo polos novos actores e actrices. Por iso, a protagonista de “María Solinha” será ela, Grial Montes, unha alumna da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.

Pero o elenco de actores non se queda aquí. Porque Santi Prego e Antón Durán Morris tamén traballarán nesta película. Santi interpretará o papel do marido de María Soliña, mentres que Morris fará do inquisidor xeral.

A rodaxe comezará o 19 de agosto e está previsto que remate o 20 de setembro. Cangas, Redondela e a Illa de Toralla son os escenarios elixidos para facer desta idea unha realidade. Unha aposta pola cultura e o cine galego que de seguro, chegará moi lonxe.