Recta final da VIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo de Muros

    MUROS> No certame deste ano lémbrase tamén a figura do actor Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, natural de Esteiro, falecido o pasado ano. O concello de Muros en colaboración co AGADIC, está a desenvolver dende o pasado 23 de abril a VIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo. A iniciativa, ano tras ano está a coller maior relevancia, coa participación de destacados grupos teatrais, tanto a nivel profesional coma afeccionado. Á falla xa de poucas xornadas para o seu remate, o protagonismo na mostra, que este ano lembra tamén a figura do actor local Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, está a ser adqueirido polos centros de ensino do municipio. O grupo local Aquelando de Muros, coa obra ‘Figurantes’ será o encargado de poñer o broche de ouro á ostra. Será o sábado, día das letras galegas, ás nove e media da noite, no auditorio do centro cultural e xuvenil.