MUROS> Esta semana volveu a producirse o desprendemento dunha pedra de grandes dimensións á estrada que une Muros e Fisterra. Os pasados temporais de xaneiro provocaron importantes desprendementos na estrada AC-550, que une Muros e Fisterra, ó seu paso polo lugar da Vouga, que fixo necesario unha actuación de urxencia por parte da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de cara a solucionar este problema. Daquela a Axencia Galega de Infraestruturas determinou a realización de diversas obras de mellora e contención dos noiros para evitar a caída de terra e pedras á calzadas. Varios meses despois desa actuación, na mesma zona, aínda que nun punto no que non se actuara, volveu a producirse a caída dunha pedra de grandes dimensións á estrada. A alcaldesa muradá considera necesaria unha nova actuación urxente nesa zona, xa que se trata dunha estrada moi concorrida, co conseguinte perigo para os múltiples condutores que por ela circulan.
Inicio Barbanza - Muros - Noia