Ambar e a Creba súmanse á campaña do ‘X’ Solidario

BARBANZA> Trátase dunha campaña que promoven asociacións de toda Galicia que representan ao terceiro sector para reclamar que se marque na declaración da renda o recadro do ‘X’ Solidario de actividades de interese social. Fixéronno a través dun acto conxunto na avenida do Malecón en Ribeira.

Ó redor do 46% das persoas que fan a declaración da renda en Galicia a día de hoxe aínda non marcan o recadro da ‘X Solidaria’ de Actividades de Interese Social na súa declaración. De facelo contribuiría destinar unha parte dos impostos que se recadan mediante o IRPF a programas sociais impulsados por diferentes ONG’s e entidades do Terceiro Sector. Para sensibilizar á veciñanza da importancia de tomar esta decisión, as asociacións Ambar e a Creba celebraron esta mañá un acto conxunto na Avenida do Malecón. Dende estes dous colectivos sinalan que marcar o recadro non custa nada e non significa tampouco qe vaias a pagar máis ou que che devolvan menos na túa declaración.

A campaña impulsada xa o pasado ano permitiu recadar uns 16’5 millóns de euros, preto dun millón de euros máis que en 2017. Se todos fixeran ese sinxelo xesto, a asignación final en Galicia subiría ata os 28 millóns de euros.