Clesa esquece a crise e supera os dous millóns de quilos mensuais de produción

    CALDAS> O Salnés tamén continúa inmerso na campaña para as eleccións europeas. Esta tarde, o calendario do Partido Popular trouxo ata Caldas á conselleira de Medio Rural. Rosa Quintana visitou a factoría de Clesa, acompañada polo voceiro popular da localidade, Jesús Goldar.

     

    Durante a súa visita ás instalacións, a conselleira do Medio Rural puido coñecer de primeira man a situación actual de Clesa.

    Parece que na factoría de Caldas quedou moi atrás a ameaza de peche que pesou sobre ela durante o 2011 e parte do 2012. De feito, o negocio vai a máis: cando Feiraco se fixo coa factoría, só producían 200 mil kg mensuais; na actualidade, acadan os 2 millóns.

    Dez cooperativas galegas están detrás do proxecto de Clesa. O 50% da produción da factoría sae de Galicia. Un mercado moi competitivo, pero no que se está a facer un oco e que lles permite medrar.

    Por iso, Quintana empregou Clesa como un exemplo para o sector lácteo, estratéxico para a economía galega.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/15/visita_quintana_clesa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/05maio/15/visita_quintana_clesa.mp4{/flowplayer}