A praza de Cambados incorpora a compra telefónica e o servizo a domilicio durante a alerta sanitaria

CAMBADOS> A praza de abastos de Cambados ofrece o servizo a domicilio aos seus clientes. Para facilitar o cumprimento das restricións da mobilidade do Estado de Alarma, os praceiros permitirán aos seus clientes que fagan a compra a través do teléfono. Eles serán os encargados de achegarlles aos seus domicilios o produto fresco e do día. Dezaseis postos sumáronse a esta iniciativa.