Boiro acollerá un dos Campus de Verán do Celta de Vigo

BOIRO> Está dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 16 anos.

A partires do 28 de xullo, as portas do campo Vista Alegre de Boiro abriranse para acoller a segunda edición do Campus de Verán Real Club Celta de Vigo. Durante unha semana, rapaces e rapazas da comarca adestrarán da man de técnicos do club vigués. O concello mostroulle á Fundación o seu agradecemento por pensar nesta vila para acoller un dos seus afamados campus. Todos aqueles nenos e nenas que desexen participar, poderán inscribirse a través da paxina web www.fundacioncelta.com. A actividade terá un custe de 130€ para o publico en xeral e 115€ para socios do Club Deportivo Boiro. Este prezo inclúe os almorzos de media mañá ademais dun pack Adidas de camiseta, pantalón e calcetíns. O broche final será o 1 de agosto cunha festa final de despedida que se desenvolverá mañá e tarde. Na edición do ano pasado, un total de 30 pequenos futbolistas participaron deste convenio e hai unha previsión de superar esta cifra. O presidente da Fundación Celta de Vigo incidiu no gran traballo que se realiza desde a entidade que dirixe. Ares, Mos, Monforte e Vigo serán as demais vilas galegas que impartirán campus a través do Celta de Vigo.