O Céltiga ponse a traballar na confección do plantel

pablo250_100609.jpgPONTEVEDRA> No Céltiga xa se puxeron o mono de traballo. Logo de atar a Pablo Vázquez o venres pasado agora queren confeccionar canto antes un plantel competitivo e económico para a vindeira temporada. Falamos diso e doutras cousas co técnico pontevedrés.

{flowplayer}images/salnes/pablovazquez_100609.flv{/flowplayer} 

Tras un paso fugaz polo xuvenil do Pontevedra e polo Arousa, agora chégalle a gran oportunidade. Para Pablo Vázquez este é un proxecto moi ilusionante como adestrador.

Será a primeira vez que dirixa a un equipo dende o comezo da temporada, co que poderá traballar con tempo os diferentes aspectos do xogo e participará máis na confección do plantel.

Os descensos de Arousa e Portonovo abren a porta a moitos xogadores polos que agora pelexarán Céltiga e Vilalonga.

O técnico pontevedrés cree que o que ten por diante é un reto moi bonito, e pese a ser optimista de cara o ano que ven, di que a meta é a permanencia.

Do que máis se falou nos últimos días foi da posible chegada ó Céltiga xunto a Vázquez de varios xogadores do Arousa. O pontevedrés recoñece ter falado con algún deles e non lle pecha a porta a niguén.

Con todo, para Pablo Vázquez o primeiro paso será falar cos xogadores que militaron o pasado ano no Céltiga e escoitar tamén a unha directiva á que lle gusta medir moi ben as fichaxes que se fan.

Redacción Salnés