O Noia CF pendente do resultado do Pontevedra para ascender a Terceira

NOIA> Se os de Luisito conseguen remontar o un a cero que traen de terras rioxanas, os noieses subirán tamén a Terceira. A directiva, xogadores e afección do Noia irán este próximo sábado co Pontevedra, no encontro do playoff de ascenso que os da cidade do Lérez xogarán en pasarón contra o Haro. Os de Luisito deberán remontar o un a cero do partido de ida. A vitoria dos pontevedreses significaría tamén o ascenso do Noia, despois dunha temporada magnífica. O encontro está previsto para as oito e media da tarde en Pasarón. De seguro moitos serán os que sigan con especial atención pola tele este partido, xa que posibilitaría o regreso dos noieses á categoría nacional despois de moitos anos. O que si xa se sabe é quen ocupará o banco a tempada que vén, trala marcha de Joaquín Miguéns e Óscar Rial. A directiva vén de confirmar a Yago Iglesias como adestrador. O palmeirán, que xa dirixiu ó Ribeira no seu ascenso a preferente, farase cargo do equipo sexa cal sexa o resultado deste próximo sábado.