Catro victorias e un empate, xornada case perfecta

preferente250_261009.jpgSALNÉS> Vilalonga, Arousa, Cambados e Sanxenxo leváronse os tres puntos. Tan só o Céltiga non gañou, pero sumou un punto importante ante o Cidade.

{flowplayer}images/salnes/preferente_261009.flv{/flowplayer} 

O Arousa retomou a senda do triunfo pero voltou a deixar dúbidas. Despois dunha primeira metade na que controlou o balón, a última media hora o Tomiño apropiouse do xogo e ben puido levarse canda menos un punto da Lomba.

Zaca adiantaría ós locais ós 12′ e o propio dianteiro morañés serviría o segundo a Nelo no primeiro minuto da reanudación. Os visitantes acurtaron distancias pouco despois e partir de ahí dominaron. O longueiro salvou ós de Ricardo do empate na ocasión máis clara do Tomiño. Estes tres puntos deixan ó Arousa quinto con 17 puntos, reenganchándose cos de arriba.

En Burgáns o Cambados sumou tres puntos que sen dúbida vanlles dar moita moral, sobre todo por cómo os acadaron. 5-0 diante do Covadonga nun encontro no que foron mellores de comezo a fin. A victoria fraguouse nun primoroso final de primeiro tempo. En apenas cinco minutos, un balón ó longueiro e dous tantos, de Álex Cubas e Melo. O marcador redondearíano Pénjamo, Eulogio e Manu na segunda metade. A única nota negativa, os incidentes acontecidos tralo choque cando os xogadores se dirixían os vestiarios. Orixinouse unha tangana na que houbo máis que palabras.

A xornada completouse coa victoria balsámica do Sanxenxo ante un dos candidatos ó ascenso como o Barbadás. Un gol de Fontán de penalti, ós 11′ de xogo foi suficiente para levarse os puntos. Os de Calucho sacaron de novo o mellor de sí ante un dos galos da categoría funcionado de xeito compacto, fundamentalmente no aspecto defensivo.

O VILALONGA DÁ A SORPRESA EN RÍO SECO

Na Terceira, os dous equipos do Salnés xogaron o sábado, ambos disputaron os seus encontros fóra da casa e trouxéronse resultados positivops. O Céltiga tras empatar a dous goles en San Lázaro ante o Cidade nun partido aberto e con moitas ocasións. Tíñano perdido os de Pablo Vázquez pero Hugo Soto rescatou un punto no 92′; incluso tivo unha ocasión no 94′ para facer o 2-3. Anteriormente Manuel fixera o primeiro dos da Illa que seguen afiliados ó empate fóra da casa aínda que por fin viron portería. Colócanse octavos con 14 puntos, un máis que o Vilalonga que é undécimo con 13, e que sumou unha victoria importantísima en Rio Seco. 1-2 ante o Narón e sexta xornada sen perder para os de Gabi Leis, que remontaron o tanto dos locais, con goles de Tachi e Machu. Tanto Céltiga e Vilalonga sitúanse nunha zona morna e tranquila da clasificación.

Redacción Salnés