Paso importante do Est. Otero de cara á permanencia

tenisdemesa250_030210.jpgSALNÉS> Xornada inmellorable para o Cambados TM que asinou un pleno de victorias con tódolos seus equipos. A máis destacada foi a do Establecimientos Otero, que deu un paso importante de cara a permanencia.

Despois de tres derrotas consecutivas o Establecimientos Otero volveu pola senda da victoria grazas ó seu triunfo ante o Igualada por 5-1 en San Tomé. Ben é certo que o rival era o pechacancelas da categoría, pero non puxo as cousas sinxelas, canda menos non tanto como pode reflectir o marcador nun partido no que os xogadores locais tiveron que sufrir para gañar.

Ó final, tan só Adrián Vidal cedeu un punto fronte a Kazeem Ahmed, mentres que Liu Junhui volveu a ser o líder do conxunto cambadés. Esta victoria déxalles con dous partidos de marxe sobre o descenso á espera de recibir a semana que ven ó Falcons, rival directo pola permanencia co que agora empata a puntos na xeral. Eso sí, a partir dese encontro o Establecimientos Otero vaino ter moi complicado para sumar xa que nas derradeiras cinco xornadas terá que enfrontarse ós cinco primeiros da táboa.

Unha división por debaixo, o Caixanova Cambados continúa a saír pouco a pouco do pozo e venceu por 1-5 ó Cidade de Narón. A presencia de Jacobo Enseñat dálle outro aire ó equipo que suma a súa segunda victoria en tres partidos a sae momentáneamente do descenso. Tamén gañou o Liceo Casino en Rábade ó Lugauto por 2-4 polo que os vilagarciáns son terceiros na Primeira Nacional.

Mentres na categoría femenina desta mesma división o Caixa Galicia venceu por 4-2 ó Temegal, cunha actuación destacada de Gema Cores.

Nas ligas rexionais déronse estes resultados: En Primeira Galega, no grupo de asceso: Dez Portas Lugo 3 – 4 Grupo Barros; no grupo de permanencia, Joyería Enrique 6 – Hípica 1; Charol 4 – Arteal 3.

Na Terceira o Chinelas impúxose por 6-1 ó Cinania Veteranos.

Redacción Salnés